O PP de Agolada esixe a Calvo ejemplaridad no cumprimento das normas sanitarias

La Voz

AGOLADA

03 mares 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O PP de Agolada esixe ao alcalde, Luis Calvo, ejemplaridad no cumprimento das normas sanitarias e critica que a Garda Civil tivese que amoestalo «por non gardar as distancias de seguridade nin usar a mascarilla na terraza dun bar». A portavoz popular, Carmen Seijas, considera que «é un comportamento intolerable para quen debe velar polo cumprimento das normas no noso concello, e un insulto aos veciños contaxiados, aos familiares que perderon un ser querido, e aos propios hostaleiros».

Engade que é alarmante que cando se incide na importancia de cumprir as normas, o rexedor sexa noticia por non usar a máscara. Apunta que é un comportamento irresponsable que pon en risco a todos, tanto a saúde dos veciños como aos propios negocios. E lembra que nas terrazas a máscara só se poida retirar ao beber ou comer. A popular considera unha actitude «machista e paternalista» que chame «rapaza» á axente.

Calvo di que cumpría a norma

Cabe indicar que Calvo se referiu a ela en primeiro termo como «unha guardia», e dixo que estaba sen máscara porque estaba a beber, asegurando que cumpría coa normativa vixente.