Documental polo 8-M en Lalín

La Voz

AGOLADA

11 mares 2019 . Actualizado ás 21:40 h.

Lalín

Documental polo 8-M

A biblioteca municipal de Lalín acollerá hoxe un novo acto polo 8-M. A partir das 20.30 horas proxectarase o documental titulado Arte+Muller+Galicia, de Rosario Sarmiento. Na primeira parte a súa autora fai un percorrido pola vida e a obra de varias xeracións de artistas ata chegar ás creadoras que realizaron por primeira vez estudos superiores en Galicia. Na segunda parte, toman a palabra as creadoras que participaron na exposición Abrandares do silencio, entre elas a silledense Elena Colmeiro, así como Soledad Penalta, María Xosé Díaz, Menchu Lamas, Rosalía Pazo, Berta Cáccamo ou Mónica Alonso.

ramil (Agolada)

Taller musical

A Eira dá Xoana en Ramil, en Agolada, acollerá o día 6 de abril un taller musical a cargo de Xosé Lois Romero de «tarrañolas, tixola e pandeiro». Está aberta a inscrición, cun custo de 20 euros e quince prazas como tope. Pecharase a anotación o día 30 de marzo na páxina web www.eiradaxoanda.gal. As clases desenvolveranse o sábado 6 de abril de 16.30 a 19.30 horas.