Dous feridos leves nun accidente en Agolada e dous choques en Silleda

La Voz

AGOLADA

Cedida

17 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Tres vehículos implicados e dous feridos leves foi o balance dun accidente ocorrido ao redor das 11.00 horas de onte na rúa Joaquín Loriga de Agolada. Os dous feridos, un home e unha muller viaxaban nun Volkswagen Passat e son do municipio de Lalín. Os outros afectados foron un furgón e unha furgoneta dunha funeraria que transportaba catro cadaleitos procedentes dunha fábrica de Ribadavia. Ata alí se desprazaron os bombeiros, a Policía Local, Protección Civil e dúas ambulancias que trasladaron aos feridos. O accidente espertou tamén a curiosidade de numerosos veciños que se deron cita na zona. Non foi o único accidente da xornada. En Silleda producíronse dúas colisións con dous turismos implicados en cada un deles e nos que só houbo que lamentar feridos. Un dos sucesos tivo lugar na zona de Casas Novas a iso das 8.45 horas da mañá e o outro, na rúa Trujillo, produciuse ao redor das 13.00 horas.