Os ximnastas galegos tomaron o Coto Ferreiro

La Voz

A Estrada

Adrián Fritiría

28 may 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

O pavillón Coto Ferreiro contou onte cunha nutrida afluencia de público para seguir as evolucións de dous centenares de deportistas inscritos no Campionato Galego de Ximnasia Trampolín, organizado polo club Ximnasia A Estrada. Participaron nas categorías de base e elite, nas distintas modalidades, tanto de mañá como de tarde. Entre os competidores figuraron desde mundialistas a unha aspirante a París 2024, a pontevedresa Melania Rodríguez. foto a. fritiría