Os mellores ximnastas cítanse na Estrada para o autonómico

La Voz A Estrada / LA VOZ

A Estrada

rober amado

27 may 2023 . Actualizado ás 05:00 h.

O Club Ximnasia A Estrada organiza o Campionato Galego de Ximnasia Trampolín que se celebra ao longo de hoxe no pavillón Coto Ferreiro. Unha cita na que participarán 200 deportistas das categorías basee e elite. Pola mañá dispútase a parte de tumbling e de dobre minitramp, mentres que pola tarde compiten nas modalidades de cama elástica. Ademais, na primeira quenda serán as competicións individuais e no segundo as sincronizadas.

Debido á altura que poden acadar os ximnastas nos seus saltos, o desenvolvemento dos exercicios será na pista de baloncesto para permitir realizar as acrobacias. Na nómina de competidores atópanse tres mundialistas e unha ximnasta ás portas dos Xogos Olímpicos, a pontevedresa Melania Rodríguez. Por iso acudirá o seleccionador español de trampolín e o técnico nacional de tumbling e dobre minitramp.