Arrincou xullo, arrincaron os campamentos estivais

La Voz

A Estrada

miguel souto

02 jul 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

Nalgún caso xa comezaron co inicio das vacacións escolares pero na maioría dos casos as primeiras quendas dos campamentos de verán arrincaron onte co mes de xullo. Ocorría por exemplo na Estrada, coa proposta de lecer deportivo. O mesmo ocorría na Bandeira, onde se utilizan as instalacións do colexio Ramón de Valenzuela. En lalín, Silleda, Rodeiro, Vila de Cruces, Agolada, Dozón, Forcarei,... tamén hai este verán este tipo de iniciativa para os rapaces nas súas vacacións estivais, buscando facilitar así a conciliación familiar. Xogos, diversión, excursións, deporte,... conforman unha oferta lúdica para gozar de verán. foto miguel souto