Taller de tecido artesanal de accesorios na Estrada o día 16

La Voz

A Estrada

01 jul 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

A Estrada acollerá o día 16 un taller de tecido artesanal de accesorios. Será impartido pola firma Yuri Arte e desenvolverase de 10.00 a 13.00 horas no taller de Doa Formiguinha, no baixo do número 12 de cálea Don Nicolás, onde tamén se fan as inscricións. O custo é de 23 euros e inclúe materiais e guía dixital. Os participantes aprenderán a tecer tres deseños diferentes de pulseiras ou colares.