A Estrada abre o luns o prazo para inscribirse no Campamento non mar en Porto do Son

La Voz A Estrada / LA VOZ

A Estrada

01 jul 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello da Estrada manterá aberto do 4 ao 15 de xullo o prazo para inscribirse no seu Campamento non Mar 2022, que se desenvolverá no campamento xuvenil Virxe de Loreto, en Porto do Son, do 26 de agosto ao 4 de setembro. A actividade ofertará un total de 52 prazas para nenos de 8 a 16 anos. Os interesados deben cubrir un formulario a través da sede electrónica do Concello ou de forma presencial no departamento de Servizos Sociais, de 9.00 a 14.00 horas.

O prezo das inscricións, despois das bonificacións, será de 88 euros para os participantes empadroados, de 66 para o segundo membro da unidade familiar e as familias numerosas e gratis para os menores de familias en risco de exclusión social. A lista de admitidos publicarase o 22 de xullo.