Bicentenario de Marcial Valladares

La Voz A Estrada / LA VOZ

A Estrada

cedida

28 novs 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A parroquia de Berres (A Estrada) acolleu onte un roteiro para festexar o bicentenario do nacemento do escritor Marcial Valladares. Comezou coa visita á igrexa na que se bautizou, onde tivo lugar un concerto con pezas dos irmáns Valladares interpretadas polos músicos Rubén Servide, Pablo Bernárdez e Cibrán Seixo. O roteiro incluiu ademáis visitas ao cemiterio onde está enterrado, á súa aldea de Vilancosta e á área fluvial do Areal, con lecturas ao pé do Ulla ao que tanto lle escribiu.