A Deputación leva O Apalpador a seis municipios da zona

La Voz LALÍN / LA VOZ

A Estrada

Cedida

23 novs 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A Deputación levará este ano ao Apalpador a todos os concellos da provincia que o solicitaron e que suman 45. Entre eles están seis de Deza-Tabeirós. Neste caso as visitas desta tradicional figura do Nadal galego serán ás localidades de Agolada, A Estrada, Forcarei, Silleda e Vila de Cruces. A deputada de Lingua, Marta Ortega, sinalou que manterán de forma estrita todas as medidas de prevención ante a pandemia. O persoal técnico da Deputación está cadrando a axenda pero a previsión é que as actuacións sexan entre o 20 de decembro e o 4 de xaneiro. O Apalpador irá acompañado polo acordeonista Servando Barreiro e o seu burricán Río Lor.