A Estrada contabiliza a súa undécima vítima mortal da pandemia

David Cofán Mazás
david cofán A Estrada, LALÍN / A VOZLALÍN / LA VOZ

A Estrada

miguel souto

A veciña falecida tiña 93 anos e recibira a vacina

01 ago 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O Servizo de Atención Primaria da Estrada informou este sábado do undécimo falecemento no municipio por causa do coronavirus desde o inicio da pandemia. Trátase dunha muller de 93 anos que se atopaba ingresada en estado grave no Hospital Clínico de Santiago de Compostela por unha pneumonía bilateral e contaxiada de coronavirus na contorna familiar. Veciña da parroquia de Ribela, xa recibira a pauta de vacinación. Este falecemento fai que A Estrada supere a decena de mortos desde o estalido da pandemia, deixando en tres o número de persoas que perderon a vida polo covid desde o inicio de 2021.

A pesar da mala noticia, a quinta onda parece remitir en territorio estradense, dobrando lentamente a curva de contagios. Este domingo o número de casos activos atópase en 34, sumando tres casos detectados o sábado, momento no que a incidencia acumulada a 14 días situábase en 234 casos por cada 100.000 habitantes. Este indicador a sete días descendeu ata os 78 casos frontes aos 93 do venres e a 3 días tamén supuxo unha baixada de 34 a 29.

De feito, desde o Servizo de Atención Primaria sinalan que na Estrada xa se chegou ao pico da onda, con todo, aínda que talvez non suban demasiado os contaxiados, a baixada será lenta, unha situación que tamén se pode extrapolar aos datos xerais de Galicia.

O perfil dos contaxiados no municipio segue sendo, do mesmo xeito que en todo o territorio nacional, xente nova que aínda non empezou a súa pauta de vacinación. De feito a gran maioría dos novos contaxiados están relacionados con persoas menores de 19 anos, colocando a media de idade dos positivos sexa de 28 anos.

Sen cambios en Deza

En Lalín, o venres contabilizábanse 38 casos activos, catro máis que o xoves, e unha incidencia a 14 días de 158 casos. En canto a Silleda o martes sumábanse 30 positivos pero nestes últimos días producíronse novos contagios.

Este sábado foi a quenda da aventura no programa Desenrédate que organiza o Concello de Lalín para fomentar actividades de lecer saudables entre os máis novos. A praia fluvial de Vilatuxe, contou cunha tirolina para todas as idades. Tal foi o éxito da actividade, que o horario, previsto de inicio entre as 16.30 e as 19.30, ampliouse ata as 21.00, empezando media hora antes. Nas próximas datas a Pozo do Boi albergará novas opcións de entretementos para os mozos lalinenses como rápel, kaiak ou tiro con arco. Para participar neste programa, deberase solicitar os bonos na web do Concello, sendo gratuítas para os empadroados en Lalín. Por outra banda, para fomentar as viaxes á praia fluvial de Vilatuxe, Autocares Presas, realiza traxectos de luns a venres con saída desde a estación de autobuses de Lalín ás 15.00 horas e volta desde ou Pozo do Boi ás 20.10. O prezo é de 1,35 co cartón Xente Nova, con viajes gratuitos para los menores de 21 años, e 1,50 en efectivo.