A Estrada continúa a escalada de casos e chegou aos 48 positivos, con 32 en Lalín

La Voz

A Estrada

23 jul 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

A escalada de casos continúa na Estrada cun ascenso notable no número de positivos que onte acadaba os 48, oito máis que o día anterior. A incidencia acumulada a 14 días por cada cen mil habitantes situábase onte en 249 e en 151 a sete días. A media de idade dos contaxiados é de 29 anos. En Lalín, o martes contabilizábanse 31 positivos, o mércores eran 30 e onte eran dous casos máis contabilizándose 32 activos. En Cruces son sete os contaxiados, un máis que o día anterior e todos eles novos. En Agolada a conta continuaba onte invariable e seguía habendo dous casos. En Rodeiro son tres as persoas contaxiadas, despois de que se dese unha alta. En Silleda diagnosticáronse 13 casos nos últimos 7 días e 33 nos últimos 14 días. Cerdedo-Cotobade ten nove.