Irmandinhos xogará o torneo Old Galicia e estrearase mañá

La Voz

A Estrada

Cedida

08 may 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Despois de máis dun ano de parón pola pandemia do covid-19, o Irmandinhos A Estrada regresa á competición. O equipo de fútbol gaélico disputará o torneo Old Galicia, a modo de Copa e con repescas. Debutarán mañá domingo en casa. Será a partir das 12.30 horas cando se enfronten no campo de Callobre ao Estrela Vermelha, un dos seus rivais máis directos nos últimos anos na pelexa por facerse co título de liga. Nas filas estradenses estarán moitos xogadores históricos do club, conformándose un persoal de 18. Nesta competición tamén participan dous equipos do Keltoi e dous do Auriense, ademais de Fillos de Breogán e Cambados.