Pesar polo falecemento de Manuel Otero Espiño

La Voz A Estrada / LA VOZ

A Estrada

MARCOS MÍGUEZ

O político socialista foi candidato á alcaldía da Estrada en 1999 e 2003

20 abr 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O PSOE estradense perdeu onte a Manuel Otero Espiño. Mestre de profesión, ocupara postos en gobernos municipais socialistas, un ano desde 1991 da man de Suso Tallón e máis tarde con José Antonio Doo. Espiño foi candidato polo PSOE á alcaldía da Estrada nas eleccións de 1999 e do 2003, precisamente entre a marcha dun e a chegada do outro ao liderado do partido.