Lalín conta con 20 casos, A Estrada con 17 e Silleda baixa a 23

La Voz

A Estrada

miguel souto

24 feb 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Un día máis, o número de casos activos por coronavirus continúa baixando na zona. Na Estrada onte a conta reducíase xa a 17 casos activos con sete persoas ingresadas, tres delas na UCI pertencentes á mesma familia. A incidencia acumulada a 14 días por cada cen mil habitantes volveu caer e situábase a onte en 195.

Por outra banda en Lalín están activos onte xa só 20 casos mentres que en Silleda se reducía o número en 1 e o total fixábase en 23.

No municipio de Agolada contabilízanse oito casos con sete persoas ingresas e en en Vila de Cruces son cinco con dúas persoas hospitalizadas. Rodeiro e Dozón continúan libres de coronavirus. En Forcarei, cunha incidencia acumulada a 14 días de entre 50 e 150, suspéndese a feira de hoxe de Soutelo de Montes.