Sabucedo analiza os efectos sociais da pandemia

La Voz

A Estrada

O catedrático de Psicoloxía Social participa no programa Os Luns do Ateneo

25 ene 2021 . Actualizado ás 04:55 h.

20.00 horas • Na web do Ateneo, Zoom e redes sociais • A pandemia non só está a causar dor e sufrimento a decenas de miles de vítimas e ás súas familias, senón que está a implicar profundos cambios sociais que alteraron por completo os hábitos e formas de relacionarnos. O catedrático de Psicoloxía Social da USC José Manuel Sabucedo analizará eses cambios na conferencia Comportamento social en tempos de crise e pandemia, que esta tarde ofrecerá no ciclo de Vos luns do Ateneo. Precisamente, o covid impide a asistencia presencial á charla, que poderá seguirse por medio da plataforma Zoom, a web do Ateneo de Santiago e as súas redes sociais: YouTube, Facebook e Twitter.