A Estrada acada os 102 casos e Lalín sobe a 66

La Voz LALÍN / LA VOZ

A Estrada

25 ene 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

Os casos activos baixaron onte na Estrada de 109 a 102, pero ao longo da xornada foron detectándose novos positivos, en total trece máis co que a conta quedaría en 115. A incidencia acumulada a 14 días por 100.000 habitantes era de 590. A Estrada chegou xa aos 500 contaxiados totais. Lalín subiu a 66, oito máis que o sábado e Forcarei suma 76 activos. Onte pola tarde estaban convocados 60 alumnos do colexio de Agolada no Clínico para realizar un cribado. A piscina da Estrada da Agasp segue aberta, pero suspendéronse os cursos do Concello.