Bicos a moreas para os agasallos dende o colexio de O Foxo aos comercios e empresas da Estrada

La Voz LALÍN / LA VOZ

A Estrada

Natalia Pena

02 dic 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Un ano máis, e van oito, os rapaces do colexio do Foxo coa axuda dos profesores botaron man da súa imaxinación para deseñar as etiquetas que serán empresas polos comercios e empresas de A Estrada para engalanar os agasallos. A campaña presentouse onte no centro coa presenza de Carlos Sinde da Acoe e Félix Rodríguez por parte de Asociación de Empresarios da Estrada. A profesora María Sangiao da equipa de Dinamización Lingüística foi a encargada de coordinar esta actividade. A directora do centro, Rosa María Ferreira, subliñaba a ilusión que lles fai aos nenos ver as etiquetas cos seus debuxos e as súas frases nos agasallos que envolven os comercios, non só en Nadal. As mensaxes inclúen «Bicos a moreas», que da nome a campaña deste ano, pero tamén outros como «Quérote un mundo», «Arrolos e aloumiños», «Porque te quero», «Es un sol» ou «Mellórate axiña». Farase unha impresión de 15.000 etiquetas que se repartiran entre os comercios e empresas. Ao igual que outros anos será Acoe e Ace as que se encargarán de imprimir e distribuír. Cada neno levou para casa cinco etiquetas.