Un mural na Estrada para demostrar que nin as máscaras puideron borrar os sorrisos

La Voz A Estrada / LA VOZ

A Estrada

cedida

28 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Nin a pandemia nin as ditosas máscaras han podido co sorriso dos mozos estradenses. Demóstrao o mural realizado estes días polos alumnos de terceiro curso de Secundaria do IES Número 1 da Estrada. Bautizado como O mural dos sorrisos, o proxecto enmárcase dentro das actividades creativas impulsadas por Jano Sanmartín desde o departamento de Plástica. Inspirándose na película documental francesa Caras e lugares, os alumnos se autorretrataron en primeiro plano, buscando a máxima expresividade nos seus rostros e xestos pese ao uso da máscara. Despois, imprimiron as fotos a tamaño xigante -cada foto son seis folios A3-, as encolaron e empapelaron o muro de formigón do centro. Unha chiscadela ao optimismo nun ano máis ben negro.