O xulgado dá dous meses ao Concello da Estrada para cumprir o fallo sobre a RPT

La Voz A Estrada / LA VOZ

A Estrada

miguel souto

26 novs 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

O Xulgado do Contencioso Administrativo Número 2 de Pontevedra deu un prazo de dous meses ao Concello da Estrada para executar a sentenza que lle obrigaba a reformular a Relación de Postos de Traballo (RPT).

Tras ter coñecemento da sentenza -que anulou parcialmente a RPT aprobada- o Concello pediu ao xulgado un prazo de dez meses para executala, reformulando a RPT. A xuíza denega a prórroga solicitada polo Concello e dálle un prazo máximo de dous meses para dar cumprimento á sentenza. Advirte que, de non facerse, poderanse impor multas coercitivas de ata 1.500 euros que se poderán reiterar ata a completa execución do fallo xudicial e poderanse chegar a esixir mesmo responsabilidades penais.