A Estrada regresa a éraa jurásica

Rocío García Martínez
rocío garcía A Estrada

A Estrada

cedida

O recinto feiral acolle a mostra «Dinosaurs Live», cunha vintena de réplicas con son e movemento

19 novs 2019 . Actualizado ás 20:44 h.

O mundo dos dinosauros chega á Estrada esta fin de semana da man de Dinosaurs live. The Exhibition, unha exposición interactiva con réplicas animatrónicas das criaturas que habitaron a Terra fai máis de 200 millóns de anos.

 A mostra reúne a unha vintena de dinosauros que se moven e roxen coma se cobrasen vida. O que máis adoita chamar a atención dos visitantes é o T-Rex, impoñente polos seus cinco metros de altura.

No entanto, a exposición non é só para mirar, senón tamén para interactuar. Unha cría de T-Rex estará dispoñible para que os nenos poidan subirse, sentir o seu abalo e inmortalizarse sobre o seu lombo de forma gratuíta. Tamén poderán facerse unha foto dentro dun ovo de dinosauro ou pór en práctica os seus coñecementos sobre paleontoloxía escavando nun arenero para descubrir fósiles ocultos.

A mostra ocupará unha carpa instalada no recinto feiral da Fundación de Exposicións e Congresos. Abrirá tanto o sábado como o domingo en horario de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 horas. A entrada custará 7 euros para os nenos (ata 12 anos) e 9 euros para os adultos. Pódese adquirir xa en Tiko Doco ou en despacho de billetes.