Proxectan a colocación dunha soleira no patio interior da gardería

La Voz

A Estrada

rober amado

19 novs 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello da Estrada acaba de recibir unha subvención de 32.180 euros dos fondos Feder para realizar diversas melloras na Escola Infantil Municipal (EIM). Deles, 19.998,87 euros destinaranse a colocar unha soleira de aluminio no patio interior, para a protección da luz solar directa e da calor. 5.131 euros serán para pequenas pezas de mobiliario e xogos didácticos e 7.050,73 para tecnoloxía, como ordenadores, lousas dixitais e cámaras fotográficas. As obras e as subministracións están en proceso de contratación, segundo informa a edil de Educación e Asuntos Sociais, Amalia Goldar.