Catro mínimas para o nacional e varios podios do CNS A Estrada en Caldas

La Voz A Estrada / LA VOZ

A Estrada

Cedida

18 novs 2019 . Actualizado ás 20:54 h.

O CNS A Estrada conseguiu catro mínimas para o Campionato de España e numerosos podios na segunda xornada da Liga Sur de Salvamento Deportivo que se disputou o domingo en Caldas de Reis. Destacou Manuel González, que foi primeiro en 200 metros supersocorrista e segundo en 50 metros rescate, con senllas mínimas para o nacional xuvenil-júnior absoluto a disputar en Torrevieja o 28 de febreiro e 1 de marzo. Tamén houbo vitoria para a substitución integrada polo propio González xunto a Breixo Lúa, Manuel Martínez e Manuel Mallo. Martínez sumou ademais un terceiro posto en 50 metros rescate.

A segunda posición obtiña a substitución feminina con Eva Rocamonde, Mariña Rivadulla, Nuria García e Irene Cabanas. Irene Rivadulla rozou a mínima nacional nos 200 metros supersocorrista onde foi segunda, quedándose a só un segundo de lograla, sendo tamén prata en 100 metros socorrista.

En categorías de base, houbo catro primeiros postos en alevín para María Quintas, Icía Goldar, Nerea Campos e Carla Folgar, así como na substitución integrada por todas elas. En infantil, Carolina Valiño asinou senllos segundos postos, en 100 metros socorrista e en 50 metros rescate, con mínimas en ambos os casos para o nacional infantil-cadete do 8 e 9 de febreiro en Valladolid . A substitución con Valiño xunto a Sara Espiño, Alba Caeiro e Alexia Carbajal alzouse coa vitoria. Mentres, en categoría masculina houbo primeiro posto na substitución 4 x 25 metros remolque con Xabier Casal, Darío Redondo, Nico Baños e Andrés Carballeda, este último terceiro en 50 metros remolque.

En cadetes, Irena Cabanas e Shania Porto foron primeira e segunda en individual, con triunfo da substitución 4 x 25 metros remolque con elas dous xunto a Katia Porto e Arancha Santas, e o 4 x 50 combinado, con Cabanas, Uxía Docampo, Berta Ameijeiras e Noa Barcala.