Un ciclista ferido nun atropelo e un accidente en Castro cunha rozadora

La Voz A Estrada / LA VOZ

A Estrada

18 sep 2019 . Actualizado ás 22:00 h.

Un home de 43 anos resultou ferido nun atropelo rexistrado sobre as 13.16 horas da tarde de onte na Estrada.

O home circulaba en bicicleta pola estrada que dá acceso ao Pazo de Oca, concretamente pola zona de Moreira Nova, cando foi arroiado por un vehículo. O condutor alertou ao 112, que deron aviso á Policía Local, Emerxencias A Estrada, os bombeiros do parque intercomarcal de Silleda, a Garda Civil de Tráfico e Urxencias Sanitarias. O home foi trasladado en ambulancia ao hospital Clínico de Santiago de Compostela.

Pola tarde, Emerxencias acudiu a prestar auxilio a unha persoa que había resultado ferida cunha rozadora en San Miguel de Castro. Presentaba rotura de tibia e peroné e foi trasladada ao Clínico.