A oferta de actividades de prevención da dependencia estira os seus horarios

La Voz

A Estrada

21 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello da Estrada decidiu abrir un novo grupo dentro da súa oferta de actividades de prevención da dependencia para poder chegar ás persoas que traballan e que non poden acudir aos grupos da tarde. Segundo explica a edil de Asuntos Sociais, Amalia Goldar, abrirase un grupo de pilates no centro urbano os xoves ás 21.15 horas, no Novo Mercado. A inscrición tanto neste grupo como no resto dos ofertados xa está aberta. O custo da actividade é de 15 euros polo que queda de ano. As actividades irán desde o 9 de setembro ata antes do Nadal.