Tenis de mesa na Estrada

La Voz

A Estrada

14 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

a Estrada

Tenis de mesa

O pavillón Coto Ferreiro acolle hoxe unha competición de tenis de mesa, con 128 xogadores repartidos entre as distintas categorías procedentes de toda Galicia, xunto a algúns de Portugal e Ceuta. A entrada é gratuíta e haberá unha clase de zumba impartida por Priscila Dance.

a estrada

Tequexetéldere

A agrupación de música e baile tradicional Tequexetéldere partirá hoxe desde A Estrada con destino á localidade francesa de Fidemm Issoire, onde se celebrará do 16 ao 21 de xullo o seu XXXII Festival Internacional de Danzas e Músicas do Mundo.

Botos (Lalín)

Serán de Ponche dá Prata

As pandereteiras Ponche dá Prata celebrará hoxe en Botos, ás 18.00 horas xunto á antiga escola, un Serán.

Castro darriba (lalín)

Festas de San Benito

En Castro Darriba, en Vilatuxe (Lalín), haberá hoxe misa cantada ás 13.00 e procesión. Mentres, a sesión vermú amenizaraa o dúo Pachi e Montse, que estarán na verbena xunto ao trío Máster.