Tapeo con nivel na Estrada

La Voz

A Estrada

Miguel Souto

19 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O certame Santas Tapas continúa na Estrada con bo ritmo de tapeo nos 29 locais participantes. As tapas -auténticas exquisiteces en miniatura- custan dous euros. Probando 21 accédese ao sorteo de dous vales de 1.000 euros en compras. Degustando doce -treses en cada un das catro rutas- hai unha choiva de premios máis.