ITV de vehículos agrícolas no Foxo e Oca

M. S.

A Estrada

MIGUEL SOUTO

18 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Unha unidade móbil de Inspección Técnica de Vehículos (ITV) desprazarase en maio e xuño ás localidades estradenses de Oca e O Foxo para facilitar a revisión dos vehículos agrícolas. En Oca estará os días 8, 9, 10 e 13 de maio, xunto ao colexio público. No Foxo funcionará os días 21 de maio e 3 e 4 de xuño, tamén xunto ao CEIP da localidade. O horario de atención será de 9.00 a 13.30 horas e de 15.15 a 18.00, excepto os días 8, 10 e 31 de maio, que haberá atención só de mañá, de 9.00 a 13.30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa chamando ao teléfono 902 309 000 ou a través da web www.sycitv.com.