Anuncian para a próxima semana o hormigonado da Praza do Concello da Estrada

La Voz

A Estrada

r. g.

22 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O alcalde estradense, José López, anunciou para a próxima semana o inicio dos traballos de asfaltado da Praza do Concello. Segundo explica, toda a obra de ampliación e reforma dos xardíns hase levado xa á cota definitiva e avanzáronse os traballos de recollida e canalización de pluviais baixo a nova praza, que ademais inclúe un sistema de drenaxe no perímetro do consistorio para erradicar humidades.

O hormigonado da parte central da praza farase a próxima semana, co obxectivo de tela operativa a mediados do mes de marzo. Coa parte central en uso, demolerase a franxa perimetral que se deixou, de 3,5 metros, e levará a cabo o hormigonado desta zona. Agárdase que nun mes a praza poida quedar completamente rematada.