O Concello estradense convoca unha praza de limpador e outra de operario de obras e servizos

La Voz A Estrada / LA VOZ

A Estrada

15 feb 2019 . Actualizado ás 21:38 h.

O Concello da Estrada convoca dúas prazas, polo sistema de oposición libre, para cubrir en propiedade senllas vacantes no persoal de persoal funcionario. Trátase dun posto de limpador e outro de operario de obras e servizos básicos. O prazo para a presentación de solicitudes é de 20 días hábiles, desde a publicación da convocatoria no BOE. Os interesados deberán abonar 10 euros. O boletín de Pontevedra publicou onte as bases, que inclúen os temarios para a selección de ambos os postos.

Contratación de 28 persoas

Por outra banda, e dentro do ámbito laboral, o concelleiro de Facenda Alberto Blanco informou onte da convocatoria dunha mesa de negociación o vindeiro martes, ás 13 horas, para aprobar as bases para a incorporación de 28 traballadores ao Concello, dentro da liña 3 do Plan Concellos. Desempeñarán as súas tarefas do 1 de abril ao 31 de decembro. A lista confórmana de conserxes a peóns de obras públicas. Pola súa banda, o 1 de marzo ao redor de 30 persoas do plan de emprego municipal conclúen o seu labor en distintos departamentos do Concello; a partir do 2 de marzo, entrará un novo continxente dunha decena de traballadores, da bolsa de contratación municipal.

Blanco anunciou ademais unha modificación da ordenanza para evitar que quen solicite certificados de padrón de forma telemática teña que abonar a taxa, que se mantén para demandas presenciais.