Herdeiras de Dhais sufriu para gañar ao Auriense e seguir invictas


lalín / a voz

O equipo Herdeiras de Dhais de Lalín segue líder imbatido na Liga Galega de Fútbol Gaélico en categoría feminina aínda que lles tocou sufrir na última xornada. Conseguían vencer en casa por un apertado 26-24 ao Auriense. Mentres, Irmandinhas A Estrada tiveron menos dificultades para imporse no seu partido ante o Turonia por 26-14. Na clasificación, as dezanas están primeiras con catorce puntos tras gañar os seus sete encontros disputados, mentres as estradenses son quintas con seis.

En categoría masculina houbo derbi comarcal entre Herdeiros de Dhais e Braithreachas A Estrada. A vitoria foi clara para os lalinenses por 39-6. Lidera a clasificación o invicto Irmandinhos con vinte e dous puntos, mentres Herdeiros é quinto con trece e Braithreachas oitavo con oito puntos.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Herdeiras de Dhais sufriu para gañar ao Auriense e seguir invictas