Educación destina 500.000 euros a ampliar o instituto Antón Losada Diéguez

La Voz A Estrada / LA VOZ

A Estrada

miguel souto

19 ene 2019 . Actualizado ás 21:04 h.

A Consellería de Educación incluíu no seu plan de mellora de centros ata o 2021 a trece na provincia de Pontevedra, entre os que figura o instituto Antón Losada Diéguez da Estrada. En total destinaranse a este plan de infraestruturas educativas case 15 millóns de euros. No caso do IES estradense a partida fixada acada os 500.000 euros, partida coa que se afrontará a súa ampliación.

A este proxecto súmase a renovación de centros educativos na provincia pontevedresa no bienio 2019-2010. En concreto haberá catro actuacións de rehabilitación enerxética, incluíndose unha partida para o colexio de Tenorio en Cerdedo-Cotobade. Durante este exercicio afrontaranse estes traballos que incluirán desde mellora da cuberta a carpintería exterior, renovación de luminarias ou illamento da fachada.