A Deputación aproba 1,6 millóns de euros para A Estrada e Silleda

J. B.

A Estrada

FRAN BREA

As partidas irán financiar melloras viarias en ambos os municipios

20 ene 2019 . Actualizado ás 14:09 h.

A xunta de goberno da Deputación aprobou na súa última sesión un total de 2,39 millóns de euros para investir en oito municipios da provincia a través da liña 1 do Plan Concellos do 2019. Dous dos beneficiarios son A Estrada e Silleda. O Concello estradense é o que recibe a maior contía económica dos oitos, case a metade do total con 1,27 millóns de euros. Ese diñeiro irá á pavimentación de varias estradas no rural. Pola súa banda, Silleda recibe nesta ocasión 489.361 euros para financiar a mellora de camiños municipais.

Aos dous municipios da zona únense nesta quenda de investimentos da liña 1 do Plan Concelos da Deputación os de Marín, con 136.532 euros; As Neves, con 240.667; Barro, 134.741; Salceda de Caselas, 82.535; Caldas de Reis, 96.883; e Moaña, con 86.250 euros. O conxunto do Plan Concellos do 2019 para 59 municipios da provincia de menos de 50.000 habitantes acada os 43,5 millóns de euros.