As baixas temperaturas incrementan as actuacións de esparexido de sal na zona

La Voz LALÍN / LA VOZ

A Estrada

Cedida

08 ene 2019 . Actualizado ás 20:21 h.

Aínda que o tempo continúa seco, as baixas temperaturas incrementan estes días as actuacións de esparexido de sal na zona. En Lalín, efectivos de Emerxemcias acudiron onte a botar a sal a unha pista situada ao lado do albergue da Laxe e a Estivelle (Donsión), onde un minibús tivo algún problema para baixar.

O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, apuntaba onte que a Deputación destina 25 novas toneladas de sal a Lalín e 50 toneladas a Codeseda, na Estrada. Unhas actuacións que levaron a cabo dentro dun novo aprovisionamento de sal. En total fornecéronse aos parques basee das brigadas de mantemento da provincia un total de 125 toneladas de sal, que se suman ás cen toneladas coas que se aprovisionaran as bases coa chegada do inverno e a activación deste programa invernal.

As brigadas, apunta, están a levar a cabo diariamente, nalgúns casos só pola mañá ou pola tarde e noutros dúas veces ao día, percorridos por pártea norte da provincial actuando en Vila de Cruces, Agolada, Dozón, Rodeiro e Lalín para facer fronte a calquera posible incidencia a causa do xeo.

As baixas temperaturas rexistradas nas últimas semana fixo que a Deputación levase a cabo xa o esparexido de sal ou salmuera, en moitos casos, de forma preventiva. Uns traballos que está previsto que continúen nos próximos días.

En Silleda, o Concello saíu ao paso das críticas do PP e apunta que levan máis dunha semana esparciendo sal en distintos puntos do municipio. As tarefas están a ser levadas a cabo nos viarios municipais e nos centros urbanos polo equipo de Obras e Servizos. Unha dotación de sal, que apuntan, levou a cabo en distintos puntos da estrada de Cira a Piñeiro, nos centros urbanos da Bandeira e Silleda, en zonas como a rúa Chousa Grande que dá acceso ao colexio da Bandeira desde a N-525, nas beirarrúas dos centros urbanos e naqueles puntos onde se detectan placas de xeo. Na Estrada, Emerxencias, leva tamén traballando días, do mesmo xeito que os Bombeiros, atendendo alertas por xeo, en moitos casos trasladadas polo 112, esparciendo sal en distintos puntos da zona.