O 2018 deixou 491 parados menos nas dúas comarcas

Rocío Perez Ramos
Rocío Ramos LALÍN / LA VOZ

A Estrada

miguel souto

Decembro restou só un desempregado á conta total

04 ene 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O ano 2018 déixanos un descenso no número de parados de 491 persoas. Son 245 menos en Deza, que suma 1.912, e 246 menos en Tabeirós-Terra de Montes que acabou o ano cunha lista de 1.289 desempregados. A conta do ano pechouse na zona con 3.201 persoas sen traballo fronte ás 3.692 ao final do 2017. En cambio o mes de decembro só restou, respecto de novembro, un desempregado á lista da zona.

En Deza, creceu o número de persoas en busca de traballo en 16, no último mes, mentres que en Tabeirós, a conta quedou case ao revés, con 17 parados menos. Por concellos, en decembro, o paro subiu o 17 persoas en Vila de Cruces, en catro en Silleda e nunha en Rodeiro. En Lalín baixou en dúas persoas, en tres en Agolada e nunha en Dozón. A mellor cifra da zona obtívoa de novo A Estrada, con 39 desempregados menos a peche de decembro. Forcarei sumou nove parados e Cerdedo trece.

Son 26 en busca dun emprego en Dozón, 74 en Agolada, 1.105 en Lalín, 71 en Rodeiro, 371 en Silleda, 265 en Vila de Cruces, 71 en Cerdedo, 1.092 na Estrada e 126 en Forcarei. A recuperación do emprego continúa sendo moito máis lenta para as mulleres. Na zona o número de desempregadas é, ao peche do 2018, de 1.875 (1.130 en Deza e 745 en Tabeirós) fronte ás 2.072 que se contabilizaban a 31 de decembro de 2017, o que supón unha redución en 197 nun ano. Un descenso que foi moito maior nos homes que viron reducido o número de desempregados en 294 no último ano. Son 1.326 (782 en Deza e 544 en Tabeirós) fronte aos 1.326 que se contabilizaban ao peche de 2017.

Por sectores, o de servizos continúa concentrando o groso do desemprego. Son 1.957 parados, 1.109 en Deza e 848 en Tabeirós. Séguelle moi de lonxe o sector industria con 420 parados, 277 en Deza e case a metade, 143 en Tabeirós. A construción suma 360 parados, 207 en Deza e 153 en Tabeirós, mentres que o da agricultura achega 159 desempregados, 113 en Deza e 46 en Tabeirós.

3.201

Total

As dúas comarcas suman 3.201 persoas sen traballo

1.912

Deza

Os seis concellos de Deza suman 1.912 desempregados

1.289

Tabeirós

Na comarca de Tabeirós son 1.289 parados