Adxudican a Taboada e Ramos os reductores de velocidade en estradas provinciais da zona

La Voz

A Estrada

cedida

27 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra acaba de adxudicar á empresa Taboada e Ramos a construción dun novo lote de reductores de velocidade nas estradas do norte da provincia. Ao amparo do Plan de Mobilidade e Velocidade Segura 2 (Móvese 2), os novos lombos de burro empezarán a construírse no mes de febreiro. A empresa adxudicataria disporá dun prazo de nove meses para concluír as actuacións.

En total, está prevista a construción de 184 reductores en estradas provinciais da Estrada, Lalín, Cerdedo-Cotobade, Rodeiro, A Lama, Barro, Bueu, Cambados, Cangas, Illa de Arousa, Marín, Meaño, Meis, Moaña, Moraña, O Grove, Poio, Portas, Ribadumia, Sanxenxo, Vilaboa e Vilanova.

Taboada e Ramos competiu polo contrato con outras 12 empresas -varias delas excluídas do proceso por caer en baixas temerarias- e fíxose coas obras por 587.196,06 euros.