Luis Iglesias e Isabel Sáez gañaron o circuíto Corre A Estrada Corre

La Voz A Estrada / LA VOZ

A Estrada

Miguel Souto

12 dic 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A recente disputa do cros Río Liñares pechou unha nova edición do circuíto Corre A Estrada Corre , que recortou a só tres o número de probas puntuables. Acaban de darse a coñecer os gañadores nas distintas categorías, proclamándose vencedor na masculina o corredor Luis Iglesias , do Atletismo Arenteiro, compartindo o podio do circuíto co seu compañeiro de club, o dezán José Canda, que foi segundo, mentres en terceira posición rematou Manuel Vieites, do Cuntis.

En categoría feminina impúxose tras as tres carreiras disputadas a atleta Isabel Sáez, mentres que segunda rematou Begoña Domínguez, do Atletismo Arenteiro, e terceira Vanesa Insaurralde, do Atletismo Deza. Para rematar, na clasificación de familia impuxéronse os Rosende-Sáez e por equipos fíxoo o Atletismo Arenteiro.

Os oito primeiros clasificados en categorías masculina e feminina, así como os cinco por equipos e por familias recibirán como premio vales deportivos que se entregarán o día 17, ás 20.00 horas, no salón de plenos da Estrada.