Buscan voluntarios na Estrada para un proxecto de prevención da obesidade infantil

La Voz A Estrada / LA VOZ

A Estrada

rober amado

20 novs 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O equipo de investigadores do Grupo de Nutrición Pediátrica do Instituto de Investigacións Sanitarias de Santiago (IDIS), CiberObn e a Unidade de Gastroenterología e Nutrición Pediátrica do Hospital Universitario de Santiago lanzaron o proxecto de investigación Meli-Pop (Mediterranean Lifestyle in Pediatric Obesity Prevention), é dicir, Estilos de vida mediterráneos en prevención da obesidade infantil.

En busca de voluntarios

O proxecto de investigación levará a cabo en sete cidades españolas. A Estrada será unha delas. O equipo de investigación contactou coa Federación de asociacións de Ampas da Estrada para buscar familias colaboradoras. As que estean interesadas en participar deben comunicarllo á súa Anpa.

O proxecto busca promover un estilo de vida saudable. Os nenos de 3 a 6 anos aprenderán de forma lúdica a importancia de coidar a súa postura, a súa hixiene bucal, ter unha alimentación saudable, durmir as horas adecuadas, facer deporte ou reducir o uso de pantallas.

Diminución do risco

O obxectivo do estudo é valorar, en nenos con risco elevado de obesidade, se unha intervención durante a infancia e a adolescencia promovendo estilos de vida saudables baseados na promoción dun patrón de alimentación mediterránea e actividade física regular diminúe a incidencia da obesidade cinco e dez anos despois do inicio da intervención. O seguimento previsto dos nenos participantes na investigación será de dez anos.