Mesa informativa sobre o cancro de mama o venres na Estrada

La Voz

A Estrada

17 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A sección estradense da Asociación Española contra o Cancro (AECC) instalará este venres, día 19, unha mesa informativa sobre o cancro de mama na Estrada. Situarase na rúa Calvo Sotelo, á altura do supermercado Gadis. Funcionará de 10.45 a 13.30 horas pola mañá e de 17.00 a 19.00 horas pola tarde.