A Estrada aprobará a bonificación do IBI das granxas nun pleno o día 18

La Voz A Estrada /LA VOZ

A Estrada

12 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello da Estrada ditaminou a favor na comisión de Facenda especial de Contas celebrada a noite do mércores unha bonificación do 95 % no recibo do IBI para as naves rurais do municipio dedicadas a usos relacionados co sector primario, é dicir, agrícolas, gandeiros ou forestais. Para os casos de granxas que se atopen na mesma parcela que a vivenda -coa mesma referencia catastral- a bonificación será do 50 %.

A proposta foi ditaminada a favor co apoio de todos os grupos da corporación.

Aprobarase nun pleno extraordinario que se celebrará o día 18. Despois, publicarase e exporase ao público. Se, como se prevé, non hai alegacións, a bonificación quedará aprobada definitivamente. Se non terán que afrontarse unha nova publicación e aprobación definitiva. No entanto, o Concello está a traballar con marxe suficiente para que, en calquera caso, a bonificación poida estar aprobada este ano para entrar en vigor o 1 de xaneiro.