Arte sen artificio con Plan Siberia

A Estrada

cedida

12 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Domingo 21 • 19.00 horas • Teatro Principal da Estrada • 5 euros • Gabriel Blanco -tamén coñecido como Gabriel Estrada- se subiu por primeira vez ao escenario como actor da compaña Tirinautas. Quince anos despois, o artista volve ao Principal con dous discos debaixo do brazo. Gabriel Estrada é o compositor, a voz e a alma de Plan Siberia, que o domingo 21 ofrecerá un concerto para presentar o seu segundo disco, Volboretei. A actuación será ás 19.00 horas no Principal. A entrada (5 euros) poderase adquirir de forma anticipada a partir da próxima semana no departamento de Cultura do Concello e no bar Boliche.

«Para min vai ser algo moi emotivo, e espero transmitir esa emoción», di o artista. Segundo avanza Gabriel Estrada, será un concerto-show «algo minimalista pero bonito». «Tentaremos poñer moita énfase nos sentidos. Moita arte pero sen artificio», explica. No concerto estrearase o videoclip do primeiro tema do disco, gravado na baía de Aldán, e colaborará o estradense Jasper, cantante e guitarrista do grupo Nave. «No concerto vai haber un par de sorpresas e anuncios importantes», avanza Gabriel Estrada.

Volboretei é un disco en galego de esencia pop, con certa influencia surf e reinterpretación contemporánea de muiñeiras e alalás que uns ven como herejía e outros como xenialidade.

Mentres arrinca a xira deste disco -que inclúe os dous temas elixidos como canción do verán pola TVG en 2017 e 2018- Plans Siberia traballa xa na gravación de dous novos traballos.