Os estradenses poderán achegar ideas á Edusi por Internet desde o día 23

La Voz A Estrada / LA VOZ

A Estrada

cedida

06 oct 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello da Estrada pechou a planificación do proceso de participación pública para definir o destino de 2,6 millóns de fondos da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Social e Sostible (Edusi). Segundo avanza o alcalde, José López, para empezar crearanse cinco mesas de traballo: unha sobre TIC's, outra de accesibilidade, mobilidade e desenvolvemento urbano, outra de posta en valor do patrimonio e a natureza, unha de dinamización socioeconómica do rural e a última de políticas sociais vinculadas a colectivos desfavorecidos. O martes 9 e o xoves 18 reuniranse os coordinadores das mesas para coñecer o punto de partida. As mesas celebraranse entre o 5 e o 9 de novembro e estarán abertas á participación tanto de asociacións como de cidadáns a título particular que crean que teñen algo que achegar á estratexia.

Ademais, do 23 de outubro ao 12 de novembro está previsto abrir unha consulta en Internet para que quen o desexen tamén poidan realizar achegas por esta vía.

O 22 de novembro reunirase o grupo de traballo da Edusi para pór en común todas as ideas achegadas e tomar decisións sobre o destino dos 2,6 millóns.