O programa Goza do Ulla ofrece o día 1 unha ruta pola Estrada

La Voz

A Estrada

18 ago 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O programa de sendeirismo impulsado polos concellos bañados polo río Ulla, Goza do Ulla, ofrecerá o sábado 1 de setembro unha ruta pola Estrada bautizada como Vos sons do Ulla. Sairá ás 9.30 horas da ponte de Ximonde. O percorrido son 12 quilómetros e a dificultade baixa. As persoas interesadas en participar poden solicitar máis información no 629 577 246 ou senderuta03\gmail.com.