Primeiro paso para activar o Plan Local de Saúde

La Voz

A Estrada

miguel souto

07 jun 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

A Estrada deu onte o primeiro paso para activar o seu Plan Local de Saúde coa constitución da mesa intersectorial, que terá como finalidade promover accións para potenciar a saúde como valor. Da mesa -presidida polo edil de Sanidade, Óscar Rancaño- forman parte profesionais do centro médico, representantes de Anpas e centros educativos, de corpos de seguridade e do tecido asociativo local.