Codeseda saíu á rúa a defender o centro médico

La Voz

A Estrada

MARCOS MÍGUEZ

Os veciños manifestáronse ante o posible peche deste ambulatorio periférico estradense

05 jun 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Os veciños de Codeseda (A Estrada) mobilizáronse fai agora sete anos para evitar o peche do centro médico. Primeiro foron pancartas reivindicativas na parroquia pero tamén houbo manifestacións, como a vivida en xuño do 2011 para reclamar á Xunta o mantemento deste ambulatorio rural. Non querían vivir a experiencia dos seus conveciños do Foxo, onde si se baixou a persiana ao seu centro de saúde. Máis de duascentas persoas saíron á rúa para demandar a continuidade desas dependencias médicas en Codeseda. Ademais reclamábase cubrir con outro facultativo as vacacións do doutor titular que atendía por entón sobre medio milleiro de cartillas nesta parroquia estradense. Durante a manifestación fíxose un chamamento aos veciños que trasladaron as súas cartillas á Estrada ou outros centros para que as reintegrasen a Codeseda e así aumentar o cociente de pacientes. Ao final o Sergas non pechou o centro médico que segue na actualidade funcionando.