Charla na Estrada de Raúl Dávila, sobre o seu libro en torno ao ictus

La Voz

A Estrada

27 may 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O colectivo Mulleres da Estrada, dentro da súa aula de saúde, programou para o día 29 de maio unha charla na sala de exposicións de Abanca. Será Raúl Dávila Aparicio quen presente o seu libro Ictus. Se ti crees que podes, poida que poidas. Nel conta seis anos de experiencias ao redor desta enfermidade e as súas consecuencias. A charla comezará ás 19.30 horas con entrada libre.