Un documental da Estrada, no Festival de Cine de Valencia

La Voz

A Estrada

Foi elaborado por alumnos de Artes do IES Manuel García Barros

20 may 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

O documental Fe ou ciencia, elaborado polos alumnos do Bacharelato Artístico do IES Manuel García Barros da Estrada foi seleccionado como finalista no Festival Internacional de Cine de Valencia Cinema Jove, na sección de traballos elaborados por estudantes. O documental parte dunha entrevista sobre exorcismos que o alumnado, xunto co produtor estradense Juan Pedro Pérez, realizou ao párroco do Corpiño no marco do festival estradense de cine de terror Panic. O valioso material audiovisual, xunto con outras entrevistas a profesores de Psicoloxía e persoas con experiencias en fenómenos inexplicables desde a ciencia, son os alicerces do documental finalista en Valencia.