O Estradense despídese da súa afección por este ano con derrota (0-1)

La Voz A ESTRADA / LA VOZ

DEZA

Adrián Freiría

O Montañeros deixa aos rojillos fóra da fase de ascenso

07 dic 2025 . Actualizado á 05:00 h.

Derrota do Estradense no último partido do ano como local. Fíxoo ante un rival que demostrou o seu poderío, como é o Montañeros, que levou un valioso botín do Municipal co único tanto anotado por Balsa na primeira metade. Os rojillos gozaron de ocasións para cambiar o destino do partido, pero a falta de pólvora volveu deixalos no dique seco.

Nun partido igualado, o Atlético Coruña Montañeros deu primeiro no cravo, son un tanto que botou por terra a formulación inicial dos de Manuti. Na segunda parte envorcou o partido cara á área rival, que se defendeu con uñas e dentes dun Estradense que quedou co mel nos beizos en varias ocasións. Finalmente, a vitoria viaxou á Coruña, deixando aos rojillos fóra de postos de fase de ascenso.

O equipo está a atravesar unha dinámica preocupante, con dúas derrotas consecutivas e cinco partidos sen gañar. A última vitoria do Estradense foi o 26 e outubro contra o Barbadás a domicilio (0-4). Desde entón sumou tres puntos de 15 posibles, o que acabou por sacalos do play off.

Como indicou Manuti na previa, agora afrontan un tramo difícil con dous partidos seguidos fóra de casa ante o Somozas e o Viveiro. O fútbol non regresará ao Municipal da Estrada ata o 11 de xaneiro, cando reciban ao Compostela. Sendo o de onte o último na casa do centenario.

?

Isra; Landeira, Pablo Carabán, Sergio Prieto (Ian Tejero, min 72), Dani Varela (Gerard Porto, min 62), Miguel Fernández, Raúl, Marcos Mella, Hugo Padín (Óscar López, min 62), Alex Delgado (Hugo López, min 62) e Dani Pedrosa.

?

Marcos Moreno; Samuel Rey, Achore, José Balsa (Unai Peón, min 69), Daniel Fernández, Pape (Carreira, min 80), Adrián Ogando (Diego Rodríguez, min 88), Iago López, Pedro Barbolla (Longueira, min 69), Jorge Otero e Alejandro Varela (Lado, min 80).

GOLES: 0-1, min. 24: José Balsa

ÁRBITRO: Yago Iñarrea García. Amoestou con cartón amarelo a Pedrosa, Carabán, Miguel Fernández, Raúl e Landeira, polo Estradense, e a Pedro Barbolla e Balsa, no Montañeros.