Lo sentimos, no hemos podido atender su petición.

O queixo de Dona Cobiña, bronce no World Cheese Awards

La Voz LALÍN / LA VOZ

DEZA

17 nov 2025 . Actualizado á 05:00 h.

O queixo ecolóxico de Dona Cobiña, da queixaría dezana do mesmo nome da cooperativa Cobideza, acaba de conseguir un novo galardón internacional. Neste caso trátase dunha distinción de bronce nos World Cheese Awards que se celebraron na Suíza.

A queixaría, situada en Agolada, aposta especialmente pola elaboración de queixos ecolóxicos como o que acaba de ser premiado neste importante certame.