Tres bancos optaron aos lotes de créditos do Concello de Lalín

La Voz

DEZA

Diego Andrade

27 may 2022 . Actualizado ás 05:00 h.

Crespo defendeu a solvencia do Concello de Lalín e referiuse ás palabras do coordinador de CxL, Rafael Cuíña, que cando quedou deserta unha convocatoria para unha operación de crédito apuntou que «os bancos non se fiaban de Lalín». O rexedor asegurou onte que «os bancos pensaron que remataba o prazo o día seguinte e houbo problemas e non deron plantexado na plataforma pero volvémolo a sacar un mes despois e preséntanse para dous lotes, tres bancos: Abanca, La Caixa e Banco Santander». Sinalou que «non creo que haxa moitos concellos máis solventes que Lalín en Galicia» e que «agora ben se ve quen tiña razón».

Casa Álvaro

O alcalde insistiu en que a compra da Casa de Álvaro tiña que levar a cabo nestes momentos porque «tiña máis de tres apetecedores e iso significaba que se non a compramos, voaba» alegando que se se perdía esta oportunidade igual non podería volver haber opción de que puidese ser do Concello en moitos aos ou talvez, nunca. Crespo dixo estar aberto a posibilidades pero a súa idea é situar na planta baixa a oficina de turismo e na primeira planta «oun particular Museo do Cocido onde estén os carteis e onde poida haber merchandising». O xardín, apuntou, podería dedicarse á celebración de actos culturais.

Pleno ordinario

Por outra banda, hoxe, ás 10.00 horas celébrase o pleno ordinario. Entre os puntos da orde do día figura unha modificación de crédito para investir 1,85 millóns de euros dos remanentes nunha vintena de partidas que engloban diferentes obras tanto no rural como no centro urbano. Debateranse varias mocións, unha presentada por cada un dos grupos municipais.